Somos conscientes de que Compromiso por Galicia nace nun contexto social e político moi difícil e convulso. Estamos inmersos nunha brutal crise económica provocada pola des-regulación dos mercados financeiros, que fixa a axenda dunha cidadanía a cada paso máis descontenta e desencantada. A política económica europea, centrada na austeridade como fin en si mesmo, estanos a levar, certamenente, a unha situación sen saída.
Do mesmo xeito, o Goberno do Estado, efectúa de xeito indiscriminado políticas de recortes selectivos en educación, sanidade e servizos sociais que afectan ás capas máis vulnerables da sociedade. E aquí, no noso País, a sucursal presidida por Alberto Núñez Feijóo é incapaz de dar respostas aos principais problemas que afectan aos galegos e galegas: desemprego e faltan de expectativas a curto e medio prazo.
As consecuencias …