header

Información Asemblear


O vindeiro 16 de decembro celébrase, en Compostela, a Asemblea Nacional Constituínte de CxG.

Poderá participar con voz e voto toda a afiliación que teña as cotas pagas no momento de acreditarse na asemblea. Haberá unha mesa para solventar incidencias e poñer as cotas ao día na propia asemblea. Para sufragar os gastos da asemblea, márcase unha cota de 2€ a abonar no momento de acreditarse.

Como observadores/as, con voz e sen voto, poderán asistir á Asemblea Nacional os e as simpatizantes convidados/as.

Nas asembleas comarcais poderán presentarse emndas ás propostas de textos oficiais, que pasarán á Asemblea Nacional de acadar máis votos a favor que en contra.

Toda persoa afiliada poderá presentar a súa candidatura ao CPN, que será eleito por listas abertas, así como á Secretaría xeral, comunicándoo ao correo nacional (info@compromisoxgalicia.org) como máximo 48 horas antes do comezo da asemblea.

Podes consultar o REGULAMENTO premendo aquí.

LUGAR

Hotel Congreso. Liña de bus 6 de Santiago aos Tilos (1200 mts. do Hotel)

No Hotel Congreso, na Rúa das Mámoas de Montouto, no Concello de Teo, a pouco máis de 5 minutos de Santiago de Compostela. Hai erro na anterior circular, podedes acceder á súa localización correcta PREMENDO AQUÍ.

O propio hotel dispón de aparcamento gratuíto, e para transporte público, hai servizo dende Santiago na liña 6, que deixa a poucos metros do Hotel. Se queres ver as paradas da liña, podes acceder PREMENDO AQUÍ.

Ata cando podo afiliarme para participar?

O día 12 de decembro ás 18 horas péchanse os censos para poder participar con plenos dereitos. Para afiliarte podes facelo de dous xeitos: a través da nosa páxina web (accede premendo aquí), solicitándoo a info@compromisoxgalicia.org ou nas propias xuntanzas das Agrupacións Comarcais, onde haberá fichas para cubrir.

Xantar

Para xantar é necesario inscribirse a través das Secretarías Comarcais, ou en casos excepcionais por exemplo nun concello se xunta un grupo, pois tamén se pode directamente no correo nacional info@compromisoxgalicia.org . As anotacións deben facerse antes do xoves 13. (nome, apelidos, concello). O menú son 13€ que serán abonados nunha mesa ao efecto no propio Hotel.

About compromisoxgalicia.org

Compromiso x Galicia is world news politics website that daily posts the latest breaking politics news. Here you can see internationals political news articles. We are objectively and transparently posting the news and do not have picked a side. If you need detailed information about our team you can contact us at any time.

Albina Garsia, member do NPCS of Commitment by Galicia.
Read my Opinion.

Anton Lema, member do NPCS of Commitment by Galicia.
Read my Opinion.

Tweeter Live Feed

[arrow_twitter_feed id=’60’]