header

Saúda do Coordinador Xeral


Somos conscientes de que Compromiso por Galicia nace nun contexto social e político moi difícil e convulso. Estamos inmersos nunha brutal crise económica provocada pola des-regulación dos mercados financeiros, que fixa a axenda dunha cidadanía a cada paso máis descontenta e desencantada. A política económica europea,  centrada na austeridade como fin en si mesmo,  estanos a levar, certamenente,  a unha situación sen saída.

Do mesmo xeito, o Goberno do Estado, efectúa de xeito indiscriminado políticas de recortes selectivos en educación, sanidade e servizos sociais que afectan ás capas máis vulnerables da sociedade. E aquí, no noso País, a sucursal presidida por Alberto Núñez Feijóo é incapaz de dar respostas aos principais problemas  que afectan aos galegos e galegas: desemprego e faltan de expectativas a curto e medio prazo.

As consecuencias desta panorama son certamente desoladoras: desafección da política e dos partidos clásicos, asunción de que non existe outra política económica posible e interiorización dunha serie de valores, coa escusa da crise, que poñen en cuestión o autogoberno galego e a viabilidade do Estado de Benestar.

Ante esta situación reaccionaria, dende Compromiso por Galicia apostamos por outras forma de facer e de sentir a política. Entendemos a desafección existente na cidadanía cara os partidos tradicionais, os seus aparellos e os seus mecanismos de decisión, polo que asumimos a necesidade de que os partidos deben deixar de ser patrimonio exclusivo dos seus militantes para selo da cidadanía: de aí a nosa proposta de primarias.

Cremos  noutra política económica e asumimos como necesario non só  mantemento do  Estado Benestar, se non o seu reforzamento e que axustes, de ter que habelos, se fagan noutros lugares. E ante o irresponsable executivo de Feijóo, propomos unha alternativa cunha base plural como a nosa que defenda o autogoberno da nosa nación como mellor ferramenta para dar resposta a un tempo de incertezas e de inacción. Sabemos que os retos son ambiciosos, pero tamén sabemos da necesidade dun proxecto que a cidadanía leva demandando moito tempo.  Por e para Galicia, o noso compromiso.

Xoán Bascuas

Coordinador Xeral de Compromiso por Galicia

About compromisoxgalicia.org

Compromiso x Galicia is world news politics website that daily posts the latest breaking politics news. Here you can see internationals political news articles. We are objectively and transparently posting the news and do not have picked a side. If you need detailed information about our team you can contact us at any time.

Albina Garsia, member do NPCS of Commitment by Galicia.
Read my Opinion.

Anton Lema, member do NPCS of Commitment by Galicia.
Read my Opinion.

Tweeter Live Feed

[arrow_twitter_feed id=’60’]