header

Xabier Oviedo: ?Mancomunar servizos pode ser a solución, pero tampouco é a panacea?

Xabier Oviedo, alcalde de Maceda, vense de incorporar ao proxecto de Compromiso por Galicia con todo o seu Grupo Municipal.

Que razóns lle fixeron dar este paso?

A sociedade galega xa fai anos que ven a pedir unha forza política propia pero cos pés na terra, galeguista e disposta a defender os intereses reais dos galegos e das galegas. Dende a corporación de Maceda entendemos que Compromiso por Galicia ten todas as cartas para converterse na forza política relevante para tal fin e con vocación de gobernar a Galicia do futuro.

Ten manifestado en múltiples ocasións que o que se piden son políticos cos pés na terra, e cercanos á realidade. Vostede, que vive máis preto o día a día dos veciños ¿cales ve que son os principais problemas da xente?

A día de hoxe un dos principais problemas da xente e o económico, que este a vez inflúe e xenera o resto dos problemas. A sociedade nestes tempos non ve nada claro o seu futuro e moito menos o dos seus fillos. Non hai traballo nin se lle agarda, os que aínda traballan case que se poden considerar privilexiados, aínda que chegando con moita dificultade a fin de mes. Cando me refiro a estar cos pes na terra a hora de gobernar, me refiro principalmente a que os políticos teñen que velar en todo momento polo benestar das xentes, aínda que isto sexa a costa de non quedar tan ben en Europa, ou ca Banca. Por iso a xente se desencanta da política, porque ve que a cousa vai parecida si goberna o PSOE ou goberna o PP. A gran baza de Compromiso por Galicia debera estar o meu entender no xeito distinto de facer política e de atallar o día a día con respecto o resto de forzas políticas.

Como alcalde de Compromiso por Galicia, ¿cal cre que debe ser o posicionamento da organización respecto a un tema como é o da fusión dos concellos?

Cando se fala de fusión de concellos, se refire os concellos pequenos de menos de 5.000 habitantes, que por moito que nos queren facer pensar o contrario, estes supón unha porcentaxe moi baixa do endebedamento do estado, sobre o 5%. As fusións como xa sabemos en termos de empresa e bancarios, sempre se traducen en recortes de servizos, e merma da calidade dos mesmo, e no caso dos concellos o aforro sería pequeno ou nulo.

Coa crise é obvio que existe un problema de financiamento nos concellos, e que se agrava moito máis en concellos pequenos, como Maceda. Está habendo dificultades para a prestación dos servizos máis básicos? Constitúe unha solución mancomunar servizos?

Os concellos pequenos e medianos se foron cargando na última década de servizos que deberan prestar en principio outras administracións, e o problema é que agora nos recortan os orzamentos pero nos deixan ao cargo dos servizos, polo que a situación se volve insostible. Mancomunar pode ser unha solución en determinados casos, pero tampouco é a panacea, xa que mancomunar significa xuntar, e o xuntar a pobreza de varios concellos se consigue unha pobreza máis grande. Eu o que faría como primeira medida sería descargar os Concellos pequenos do gasto de mantemento de estradas, recollidas de lixo e depuradoras, pasando estas competencias a administración autonómica e sería unha boa medida para relaxar a afogada situación económica dos concellos. Estes servizos quen mellor os pode mancomunar e a propia Xunta de Galicia xestionando ela e así depaso se garantía a igualdade na prestación destes servizos para todos.