header

Compromiso rexistra no Parlamento a súa proposta de reforma da lei electoral


O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, acompañado do tamén membro da Executiva Nacional, Paulo Carlos López, veñen de rexistrar hoxe no Parlamento galego a proposta de reforma da lei electoral que a organización galeguista presenta, “para a súa toma en consideración, discusión e aberta a calquera tipo de achega”. Con estas filosofía Bascuas quere deixar claro, que Compromiso ten o deber de estar presente “xa que tamén representamos a milleiros de galegos e de galegas que non concordan coas liñas adiantadas polo Partido Popular e que demandan propostas que vaian máis aló do eslogan, realistas, claras, contundentes e que non fuxan do centro do debate”.

 Xoán Bascuas apunta que a proposta de reforma de CxG fai posible unha mellor translación da pluralidade social e política á camara, conecta coas demandas cidadás apostando por listas brancas e desbloqueadas e, ademais, aforra 14 millóns de euros por lexislatura por só os 5 millóns que pretende aforrar o Partido Popular. “Se realmente o que queren é aforrar, o mellor que pode facer o PP é meter nun caixón a súa proposta e comezar a traballar sobre a nosa”. Por non falar, indica Bascuas, “que cos datos na man, o PP quere co 45% dos votos obter o 60% do escanos, sendo isto un auténtico escándalo”.

 Neste sentido, Compromiso por Galicia tamén rexistrou solicitudes de xuntanza, en primeira instancia, cos grupos parlamentarios da oposición, PSdG-PSOE, AGE e BNG, para dar a coñecer a proposta de reforma, intercambiar opinións e chegar a puntos de encontro. Para Xoán Bascuas, “máis que nunca é fundamental uns puntos mínimos sobre os cales artellar unha proposta alternativa á que pretende o Partido Popular”, e no que o papel de Compromiso por Galicia, será o de “dentro da nosa humildade, facilitar chegar a ese mínimo común denominador”.

 A proposta da organización galeguista non só se cinxe a aspectos da propia lei electoral, senón que vai máis alá, constituíndo unha proposta “de máximos” con obxectivos máis ambiciosos, que tamén precisarían da reforma de Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral ou do Estatuto de Autonomía, apunta Paulo Carlos Lopez. De igual modo a proposta de Compromiso afecta tamén á regulación das campañas nos medios de comunicación, a duración das mesmas e insiste na necesidade da implantación das listas brancas, “poñendo condicións máis duras e promovendo o endurecemento das causas de inexibilidade como cargo público”, afirma López. 

About compromisoxgalicia.org

Compromiso x Galicia is world news politics website that daily posts the latest breaking politics news. Here you can see internationals political news articles. We are objectively and transparently posting the news and do not have picked a side. If you need detailed information about our team you can contact us at any time.

Albina Garsia, member do NPCS of Commitment by Galicia.
Read my Opinion.

Anton Lema, member do NPCS of Commitment by Galicia.
Read my Opinion.

Tweeter Live Feed

[arrow_twitter_feed id=’60’]