header

Compromiso por Galicia celebrará o seu Congreso Constituínte baixo o lema “Proxecto de País”

Logo da celebración da Comisión Executiva Nacional de onte luns ,escollouse o lema do Congreso Constituínte de Compromiso por Galicia do vindeiro domingo 16 de decembro, que será “Proxecto de País”. Dámosvos aquí información de interese a respecto do Congreso.

Horario do Congreso

Á espera da celebración do Consello Político Nacional que terá lugar este mércores onde se ditaminarán as emendas, o horario aproximado do Congreso Constituínte será o seguinte:

9:30- 10:30 Acreditacións

10:30- 10:35 Apertura

10:35-14:30 Debate emendas

14: 30 Xantar

14:30- 16:30 Votacións membros Consello Político Nacional

16:30- 19:00 Debate e votacións SX e Executiva

19:00 (hora de previsión de clausura)

Hotel Congreso. Liña de bus 6

No Hotel Congreso, na Rúa das Mámoas de Montouto, no Concello de Teo, a pouco máis de 5 minutos de Santiago de Compostela. Por erro na anterior circular, podedes acceder á súa localización PREMENDO AQUÍ.

O propio hotel dispón de aparcamento gratuíto, e para transporte público, hai servizo dende Santiago na liña 6, que deixa a poucos metros do Hotel. Se queres ver as paradas da liña, podes acceder PREMENDO AQUÍ.

Ata cando podo afiliarme para participar?

O día 12 de decembro ás 18 horas péchanse os censos para poder participar con plenos dereitos. Para afiliarte podes facelo de dous xeitos: a través da nosa páxina web (accede premendo aquí), solicitándoo a info@compromisoxgalicia.org ou nas propias xuntanzas das Agrupacións Comarcais, onde haberá fichas para cubrir.

Xantar

Para xantar é necesario inscribirse a través das Secretarías Comarcais, ou en casos excepcionais por exemplo nun concello se xunta un grupo, pois tamén se pode directamente no correo nacional info@compromisoxgalicia.org . As anotacións deben facerse antes do xoves 13. (nome, apelidos, concello). O menú son 13€ que serán abonados nunha mesa ao efecto no propio Hotel.